O pasado xoves 15 de maio celebrouse en Lugo a fase final da Olimpíada Matemática Galega, unha cita anual que reúne a estudantes de toda Galicia con interese e talento polas matemáticas.
Durante a xornada, 40 rapaces e rapazas participaron nesta actividade que, máis alá da súa vertente competitiva, promove valores como o compañeirismo, o esforzo e a paixón polo coñecemento. A cidade das murallas converteuse así nun espazo de encontro e aprendizaxe, no que as matemáticas foron as verdadeiras protagonistas.
Desde o Liceo La Paz queremos felicitar de maneira especial a Carolina, alumna de 2º de ESO, por representar ao noso centro con gran ilusión, entrega e deportividade. A súa participación nesta fase final é xa un logro que reflicte o seu interese e dedicación ao longo de todo o curso. Tamén queremos agradecer ó CFR A Coruña por colaborar co transporte.
Parabéns a todas e todos os participantes, así como ao profesorado acompañante, por facer posible unha xornada tan enriquecedora. Iniciativas como esta son fundamentais para fomentar o interese polas ciencias e recoñecer o talento do alumnado galego.
Comentarios recientes