02
jun

O 16 de maio celebrouse no salón de actos de ESO o evento estrela da Semana das Letras Galegas deste ano 2025.

 

Ao longo de dúas funcións, unha destinada ao alumnado de 1º e 2º de Primaria e a outra, á que asistiu como público o alumnado de 5º e 6º de Primaria, puidemos escoitar o himno galego, cancións de grupos e cantantes galegos como De Ninghures, Fillas de Cassandra, Tanxugueiras, Treixadura, Ortiga; proxección de videopoemas feitos por alumnos e alumnas de 2º de ESO, creacións poéticas propias, cancións populares coa escolma de “Terriña galega”, cancións infantís como a intro de Doraemon, unha canción de Tanxugueiras e Valeria Castro interpretada a dúo por dúas rapazas de 1º de ESO, unha breve peza teatral “As do peixe”, interpretada por alumnas de 4º de ESO e unha muiñeira bailada por alumnos e alumnas de 4º de ESO.

 

O festival, organizado polo Departamento de Lingua Galega e polo Equipo de Dinamización Lingüística do centro, contou coa colaboración do Departamento de Música e o Departamento de Educación Plastica. Así que un agradecemento especial a Raquel Gónzalez e Wilson Ortega do primeiro departamento e a Sara López do segundo deles. Sen eles, a realización do festival non sería posible.

 

Non podemos esquecer tampouco a Manuel Reija e o seu grupo de teatro escolar que preparou especialmente unha pequena peza teatral para esta ocasión.

 

Ademais, queremos agradecerlles o seu labor aos alumnos que se prestaron como presentadores do evento: Cayetana, Triana e Adriana na primeira función e Gabriela e Mauro na segunda. Unha vez rematada esta celebración, xa comezamos a pensar na do curso que vén.

 

0 No comments

Comments are closed.