Dende o Liceo La Paz queremos felicitar sinceramente á nosa alumna Silvia Pantín por ter sido galardoada co Premio de Excelencia á mellor nota de admisión nos graos 2024/25 (Grao en Enxeñaría Técnica Eléctrica – Dual), concedido polo Consello de Goberno da Universidade da Coruña.
Este recoñecemento premia ao alumnado que accede por primeira vez aos estudos universitarios coa mellor nota de admisión en cada unha das titulacións oficiais de grao impartidas nos centros propios da UDC. A nosa alumna acada este mérito grazas ao seu esforzo constante, compromiso e brillante traxectoria académica durante a súa etapa no centro.
Asimesmo, o centro educativo tamén recibiu un recoñecemento como partícipe deste Premio de Excelencia UDC á mellor nota de admisión nos Graos de estudantado premiado no noso centro.
A nosa alumna recibiu un diploma acreditativo expedido polo reitor da UDC e a dotación económica correspondente. Ademais, a concesión do premio reflíctese no seu expediente académico.
Desde toda a comunidade educativa do Liceo La Paz expresamos o noso orgullo por este logro e desexámoslle os maiores éxitos nesta nova etapa universitaria.
Comentarios recientes