
Hoxe celébrase en Santiago o IV Congreso de Coordinadores de Benestar e Convivencia, ó que asiste a nosa Coordinadora, Natalia Miguel.
No programa do día, abordaránse temas coma a saúde emocional o benestar dixital e as contornas educativas saudables. A irrupción das novas tecnoloxías e da Intelixencia Artificial (IA) en xeral, e no sistema educativo en particular, supón un reto engadido para os centros educativos. Nese contexto, o Plan integral de benestar dixital inclúe medidas para blindar os centros educativos coma contornas dixitaris seguras e saudables, onde a innovación avance da man da protección, da igualdade de oportunidades e da defensa dos dereitos e da dignidade das persoas.
Durante a xornada, participan recoñecidos expertos:
- María Zabala García, xornalista e escritora especializada en alfabetización, educación e cidadanía dixital, coa conferencia titulada «Benestar dixital: claves para coidar a saúde mental»
- José Julio Fernández, catedrático de Dereito Constitucional da USC, quen alará do «Contrato de vida dixital», deseñado como unha ferramenta para educar no uso resposable e equilibrado da tecnoloxía.
- Richard Merhi Auar, doutor en Psicoloxía pola UNED e investigador da Universitat Jaume I, quen afonda na construción de contornas educativas saudables e resilientes
- Melania Beceiro, psicóloga clínica do Servizo Galego de Saúde, quen aborda o programa YAM (Youth Aware of Mental Health), de prevención de suicidios entre os adolescentes, do que é instrutora
- Eva Bach, pedagoga, mestra e escritora, quen imparte unha charla sobre Disparates e malentendidos sobre as emocións.
Eixes temáticos e medidas abordadas
- Benestar dixital e IA: Plan integral de bienestar digital, limitación do uso pedagóxico do móbil (a partir de 3º de ESO) e retos da intelixencia artificial nas aulas.
- Convivencia e normativa: Medidas incluídas na Lei de acompañamento aos Orzamentos 2027, endurecemento de sancións ante acoso e ciberacoso, tipificación de agresións ao profesorado e posta en marcha da Oficina de apoio a docentes.
Saúde emocional e prevención: Entornos educativos saudables e resilientes e prevención do suicidio adolescente.

Comentarios recientes