20
may


 

O 15 de maio celebrouse no salón de actos de ESO o evento estrela da Semana das Letras Galegas deste ano 2026.

 

Ao longo da mañá, celebrouse unha función cultural destinada ao alumnado de 1º e 2º de Primaria. As presentadoras: Adriana, Sofía, Cayetana e Lola, deron paso a cada actuación: o himno galego, cancións en galego – unha delas feita polos alumnos coa axuda da IA -, e unha actuación fantástica de disco chino que provocou moito interese entre os mais cativos.

 

Este ano, o Departamento de Plástica participou activamente organizando un concurso de carteis, do que resultou gañador o alumno Antonio Fontenla na categoría de cartel dixital e Aitana Belmonte na categoría de cartel tipográfico.

 

Durante as semanas previas á Semana das Letras Galegas o Departamento de Galego realizou o concurso «10 títulos de obras da nosa literatura» entre os nosos alumnos, e no festival entregamos o premio á gañadora: Paula, que recibía o premio co traxe tradicional que luciu nunha das actuacións de baile.

 

O festival, organizado polo Departamento de Lingua Galega e polo Equipo de Dinamización Lingüística do centro, contou coa colaboración do Departamento de Música e o Departamento de Educación Plástica. Sen eles, a realización do festival non sería posible. Ademais, queremos agradecerlles o seu labor ás alumnas que se prestaron como presentadoras do evento.

 

 

0 No comments

Comments are closed.