05
may


O vindeiro domingo 10 de maio, o noso alumno de 1º de ESO Miguel Pérez-Roca García representará ó Liceo no 1° Torneo Autonómico «KIDS» NBA 2K20 para categoría Infantil, Preinfantil e Minibásquet.

 

Organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal e co apoio da Federación Galega de Baloncesto, a iniciativa naceu co obxectivo de manter o contacto entre os clubs da comunidade galega e darlle continuidade ás competicións, aínda que sexa de xeito virtual, durante ó confinamento creado polo coronavirus.

 

Colabora a tenda deportiva Tiro Libre Scq que otorgará o premio ó gañador e regalos entre os 32 clubs participantes de toda Galicia.

 

Os partidos serán retransmitidos en directo pola canle de Twitch do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia e serán comentados, entre outros, por Carlos Tresandí, presentador da Radio Galega.

 
Tódolos detalles do torneo na seguinte ligazón.

0 No comments

Comments are closed.