23
feb

 

O 20 de febreiro de 2026, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2026/2027 para o alumnado empadroado no termo municipal de A Coruña, e que vaian cursar 2º ciclo de Educación Infantil, Primaria, Ensinanza Secundaria Obrigatoria, Bacharelato ou Formación Profesional nun centro de ensino con comedor autorizado do mesmo termo.

 

O prazo de presentación vai do 23 de febreiro ao 13 de marzo de 2026, ambos incluídos.

 

Toda a información da convocatoria pódese consultar:

 

Entre outros requisitos para acceder á bolsa, a/o alumna/o solicitante deberá dispoñer dun DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido antes da finalización do prazo de corrección da documentación; estar empadroado no Concello da Coruña; estar matriculado nun centro do termo municipal da Coruña; realizar as xestións para ter asignada, ao comezo do curso escolar, unha das prazas na modalidade presencial; e asistencia continuada de luns a venres durante todo o periodo lectivo, de setembro 2026 a xuño 2027.

 

0 No comments

Comments are closed.