12
jun


O pasado luns 10 de xuño puxemos fin á actividade de Ximnasia Rítmica no curso escolar 2018-2019 coa realización da Primeira Gala de Ximnasia Rítmica no noso Centro.

 

Todo un éxito e acollemento por parte das familias e resto da comunidade educativa, que quixeron ser partícipes do magnífico traballo, esforzo e dedicación por parte de todas e cada unha das case 100 ximnastas que desfilaron polo tapiz.

 

Unha vez rematadas as actuacións, as participantes recibiron un obsequio moi merecido pola súa implicación ao longo de todo o curso.

 

Dende o equipo de ximnasia desexámosvos unhas moi boas vacacións de verán e agardámosvos o vindeiro curso!

 

0 No comments

Comments are closed.