02
ago


Unha vez máis, o Liceo é noticia nos medios, nesta ocasión co orgullo de aparecer como centro educativo emblemático da nosa cidade.

 

Este curso, un equipo do programa Latexos da Cidade da TVG desprazouse ao noso Centro para gravar unha reportaxe sobre o que é e representa o Liceo La Paz para a cidade da Coruña, desde a súa creación, hai xa máis de cinco décadas, ata hoxe.

 

O noso Centro evolucionou e creceu coa nosa urbe, á que sempre estivo e estará intimamente unido.

 

O pasado mércores 31 de xullo foi emitido este programa especial, que vos convidamos a ver na seguinte ligazón, esperando que vos guste tanto como a nós.

 

Somos Liceo!

0 No comments

Comments are closed.