06
jun

 

O 5 de xuño de 2026, o Concello da Coruña publicou no taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, información referente á convocatoria para a concesión das axudas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2026/2027:

 

  • Publicación da listaxe de solicitudes presentadas convocatoria Beca comedor 2026/2027
  • Publicación da listaxe de subsanación de documentación convocatoria 2026/2027

 

As listaxes de solicitudes presentadas e a de corrección de documentación poderase consultar nesta ligazón

 

A documentación poderase presentar:

  • Nas oficinas dos rexistros municipais de María Pita, Ágora, Fórum, Mesoiro e a Franxa.
  • Na sede electrónica municipal https://sede.coruna.gob.es/
  • Por calquera outro medio dos que permite o art. 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

O prazo para presentar a documentación requirida é do 8 ó 19 de xuño de 2026, ambos incluidos.

Recórdase que segundo o apartado 1.2 das bases da convocatoria, para o disfrute das bolsas de comedor escolar en caso de resultar beneficiario/a, é necesario que a persoa beneficiaria realice as xestións oportunas para ter asignada, ao inicio do curso escolar, unha das prazas dispoñibles para a prestación deste servizo nun centro escolar do término municipal, na modalidade presencial de luns a venres.

0 No comments

Comments are closed.