12
may

O pasado sábado, o noso alumnado do Liceo La Paz participou un ano máis no Día da Ciencia na Rúa, celebrado nos Xardíns de Méndez Núñez. Foi unha xornada chea de ciencia, creatividade e aprendizaxe, na que os rapaces e rapazas compartiron co público os seus proxectos, experimentos e demostracións dunha maneira dinámica e participativa.

 

Este ano presentamos unha gran variedade de actividades elaboradas desde distintas etapas educativas:

  • Maquetas de ecosistemas – 3º e 4º de Educación Primaria
  • Reciclado e arte: Drawbots – 3º e 4º de Educación Primaria
  • Proxectos de coches – 1º ESO
  • Norias – 2º ESO
  • Experimentos de química – 2º ESO
  • Xoguetes eléctricos e condutividade en rochas – 3º ESO
  • Magnetismo – 3º ESO
  • Ciclo das rochas – 4º ESO
  • Pirámide de alimentos – Ciclos Formativos
  • Xabóns
  • Xeometría na natureza
  • Xeometría con gominolas
  • Tangram
  • Os átomos

 

Ademais, este ano dous dos nosos alumnos participaron nun programa de radio especial da emisora CUAC FM, que podedes escoitar nesta ligazón.

 

Como cada ano, esta experiencia non sería posible sen a implicación de profesorado, alumnado e persoas colaboradoras que, desde diferentes ámbitos, traballan para facer deste día unha auténtica festa da ciencia.

 

Grazas a todos eles, conseguimos vivir unha nova edición na que o alumnado volveu ser o gran protagonista, compartindo coñecemento, ilusión e moitas ganas de aprender.

 

Xa estamos contando os días para a próxima edición!

 

0 No comments

Comments are closed.