30
abr

 

Afundación, trouxo a semana pasada o seu programa «Plantando árbores con pinceis«. 85 alumnos de Bacharelato e ESO elaboraron, entre todos, un mural durante toda a mañá con pinturas fotocatalíticas, que absorben e depuran os contaminantes que hai no aire, tales coma o óxido de nitróxeno e outros gases xerados pola industria e o tráfico rodado. Con esta iniciativa, aúnanse nun mesmo proxecto sostenibilidade, cultura e formación, incidindo no coidado imprescindible do medio ambente para garantir o mundo acorde aos principios que guían os ODS 2030.

 

O artista, David Brey Vázquez, de Vella Escola, foi o encargado de dirixir a creación da obra nun dos muros dos nosos patios. O proxecto consiste en  coordinar ó alumnado participante para pintar un mural, con temáticas relacionadas coa reforestación, na parede elexida polo centro. A actividade compleméntase con obradoiros de pintado de bolas de tela nos que se traballa tamén a temática medioambiental dende un enfoque participativo, o que facilita a toma de conciencia sobre a importancia de coidar a natureza.

 

O mural xa o desfrutaron os nenos ó sair de clase ese mesmo día. Quedaron abraiados!

 

0 No comments

Comments are closed.