18
may

 

Onte, en Narón, no Día das Letras Galegas, o noso conxunto alevín feminino acadou a clasificación para o Campionato de España co 2º posto na competición autonómica.

 

Feito destacábel para un grupo de dez rapazas (todas alumnas do Centro) e dúas adestradoras que con entusiasmo e tesón representaron ó único colexio na proba fronte ós clubes máis relevantes do voleibol galego. Moitas grazas por manter os latexos sobranceiros do Liceo:

 

L de liceístas
I de infatigábeis
C de comprometidas
E de educadas
O de optimistas

 

Para rematar, parabéns ó Emevé Lugo, campión galego; felicitacións a todólos participantes e agradecemento a Narón Volea e Federación Galega de Voleibol pola excelente organización.

 

Susana Bermúdez de Castro Mariño
Mestra de Primaria e Coordinadora da Actividade de Voleibol

 

0 No comments

Comments are closed.